O Presidente do Consello da Cultura Galega viaxa a Brasil para recuperar fondos documentais da emigración

O Presidente do Consello da Cultura Galega asinou en Sao Paulo, segundo comunica a organización, un convenio de colaboración co Memorial do Imigrante para recuperar fondos documentais da emigración.

Listen to this page using ReadSpeaker

O lugar é un centro museístico e documental, sito na antiga Hospedería dos Imigrantes, co que se pretende recuperar fondos documentais nos arquivos das institucións oficiais do Estado Paulista. A recuperación permitirá, entre outras actuacións, dixitalizar os rexistros de pasaxeiros de orixe peninsular desembarcados no porto de Santos

Ramón Villares reuniuse en Sao Paulo (Brasil) cos responsables da programación cultural da cidade co obxectivo de considerar posiblidades de cooperación conxunta para a promoción da lingua e a cultura galegas nese país. Así mesmo, falou tamén cos reitores de Poiesis , organización social de cultura, que administra o museo de Lingua Portuguesa, o máis visitado de Brasil.

O Presidente do Consello da Cultura Galega desprazouse ata Sao Paulo desde Buenos Aires, onde esta semana puxo en marcha un programa de actividades que incluíu conferencias e encontros con varios representantes de entidades e asociacións galegas.

1502 lecturas