O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara

Os beneficiarios deste programa -no que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade- teñen unha media de idade de 78 anos e entre eles destaca a persoa de maior idade, de 96 anos, que chegou desde O Uruguai.

Antonio Rodríguez Miranda reafirmou o compromiso da Xunta con iniciativas coma esta, que manteñen vivos os vínculos entre os galegos do exterior e a súa terra.

  • O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
    O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
  • O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
    O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
  • O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
    O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
  • O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
    O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
  • O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
    O Secretario Xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes do ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 9 de outubro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe aos participantes do programa Reencontros con Galicia nas residencias de tempo libre do Carballiño (Ourense) e Panxón (Nigrán). No Carballiño, Miranda estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, para coñecer de primeira man as experiencias dos 94 galegos que alí se atopan, mentres que en Panxón compartiu un momento cos 96 participantes desta residencia.

Os beneficiarios deste programa, no que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade, teñen unha media de idade de 78 anos e proceden da Arxentina, do Brasil, do Uruguai, de Venezuela e de Cuba. Entre eles destaca a persoa de maior idade, de 96 anos, que chegou desde O Uruguai para participar no reencontro coa súa terra de orixe, e a máis nova, que conta con 66 anos e procede da Arxentina. Ademais, é significativo que unha decena de persoas non volveran a Galicia desde que emigraran, e algunhas levaban máis de 70 anos sen pisar a súa terra natal.

Miranda puxo en valor a importancia deste programa, que busca non só facilitar o reencontro familiar, senón tamén permitir que os participantes coñezan a Galicia actual e o seu patrimonio cultural e natural. Durante a visita, destacou a emoción que viven moitos dos participantes, especialmente aqueles que regresan despois de tantas décadas.

O secretario xeral reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando iniciativas que, como Reencontros con Galicia, manteñen vivos os vínculos entre os galegos do exterior e a súa terra. “Para a Xunta é unha prioridade facilitar estes reencontros, que permiten que os nosos maiores revivan as súas raíces e manteñan unha conexión emocional coa Galicia que deixaron atrás, pero que nunca esqueceron”, sinalou Miranda.

608 lecturas