Miranda asiste ao concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria organizado polo Centro Galego desta localidade

  • O gaiteiro vigués Carlos Núñez, durante o concerto na Catedral Vella de Vitoria
    O gaiteiro vigués Carlos Núñez, durante o concerto na Catedral Vella de Vitoria
  • Imaxe do concerto de Carlos Núñez na Catedral Vella de Vitoria
    Imaxe do concerto de Carlos Núñez na Catedral Vella de Vitoria
  • O gaiteiro vigués Carlos Núñez, durante o concerto na Catedral Vella de Vitoria
    O gaiteiro vigués Carlos Núñez, durante o concerto na Catedral Vella de Vitoria
Listen to this page using ReadSpeaker
Vitoria, 4 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte á noite no concerto que ofreceu Carlos Núñez na  Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, acto organizado polo Centro Galego desta localidade co gallo do Ano Santo Xacobeo.   

Esta actividade forma parte das diferentes iniciativas que a entidade alavesa vén de poñer en marcha, e que seguirán  ao longo deste verán para celebrar o Xacobeo 21-22, e  comezaron onte coa apertura da Porta Santa desta catedral e que rematarán coa realización de diversas etapas do Camiño de Santiago por Áraba ao longo do  mes de xullo. A maiores, e seguindo no ámbito musical, o Centro Galego tamén ofrecerá o 24 de xullo un concerto do grupo folk Ailá, baseado nos cantos de transmisión oral, así como de Enxebres de San Lázaro, formación con máis de 50 anos de existencia.

656 lecturas