O programa de radio Sempre en Galicia cumpre 60 años no Uruguai

Oito galegos que emigraron ao país foron os creadores do programa.

Listen to this page using ReadSpeaker

Era 1950, cidade de Montevideo, capital de Uruguai. Alí emigraran os galegos Alfredo Somoza, Manuel Meilán, Lois Tobío, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita e Manuel Leiras. Para acurtar as distancias entre Uruguai e Galicia crearon o programa de radio Sempre en Galicia.

A CX 16 Radio Carve, difusora con alcance internacional (a súa frecuencia chegaba ata Brasil e Arxentina) foi a primeira emisora en emitir Sempre en Galicia. Tras cinco décadas sendo difundido en CX 16 Radio Carve, o programa trasládase a CX 12 Radio Oriental onde é emitido todo os domingos polas mañás.

Deste xeito, Sempre en Galicia vén sendo ao longo de seis décadas o nexo de unión entre a Galicia interior e a exterior, ao punto de permanecer sempre no recordo a inconfundible apertura do programa coa voz de Manuel Meilán dicindo: «Bos días galegos, aquí sempre en Galicia», coa «muñeira de chantada» como pano de fondo.

2258 lecturas