Miranda repasa a actualidade da diáspora no "Galicia por diante" da Radio Galega
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou a actualidade da diáspora galega, e dos retornados e retornadas, no espazo informativo das mañás na Radio Galega "Galicia por diante", que conduce durante o mes de agosto o xornalista Xosé Luis López Vilas. Durante a entrevista, Miranda destacou a importante achega que os galegos e galegas do Exterior realizaron e realizan para o progreso e desenvolvemento de Galicia, a importancia das segundas xeracións -xa nadas nas sociedades de recepción- para o futuro da Galeguidade, e a atención que se está a brindar á colectividade residente en Venezuela, por mor da especial situación que atravesa o país, entre moitos outros aspectos.
- Pódese escoitar a gravación completa na seguinte ligazón: picar aquí para acceder
Novas relacionadas