O presidente da Xunta felicitou a Teresa Portela polo seu meritorio cuarto posto na final olímpica de K1 200 m.

Fai extensiva a felicitación a todo o piragüismo galego que vén de realizar unha magnífica participación nestes Xogos Olímpicos, culminada con este cuarto posto da padexeira canguesa

A deportista galega pecha así a súa cuarta participación nuns Xogos Olímpicos

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de GaliciaO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu o pasado sábado as súas felicitacións a Teresa Portela, que vén de acadar, no canal de Eton Dorney, un meritorio cuarto posto na final olímpica de K1 200 m, distancia na que a deportista de Cangas do Morrazo foi dúas veces campiona do Mundo, en 1999 e 2005.

A padexeira do clube Ría de Aldán remata desta forma tan brillante a súa cuarta participación nuns Xogos Olímpicos: Sidney 2000 (13ª), Atenas 2004 (5ª e 5ª), Pekín 2008 (5ª e semifinais) e Londres 2012 (4ª).

Ao igual que sucedera o pasado mércores con David Cal, Cangas do Morrazo fixo un especial seguimento da súa deportista, que tamén presenciou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, desde o salón de plenos do Concello.

Feijóo remarcou a valía do resultado acadado por Teresa Portela, trasladándolle as súas felicitacións e recoñecemento, o que fixo extensivo ao piragüismo galego que vén de realizar unha magnífica participación nestes Xogos Olímpicos, culminada con este cuarto posto da padexeira canguesa.

696 lecturas