Antonio Rodríguez Miranda, nomeado novo Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

Referencia do Consello da Xunta de Galicia que tivo lugar en San Caetano, o 20 de decembro de 2012, baixo a presidencia do Sr. D. Alberto Núñez Feijóo.

Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012.

O Consello da Xunta de Galicia celebrado este xoves na sede do goberno galego en San Caetano (Santiago de Compostela) aprobou o Decreto polo que se nomea a Antonio Rodríguez Miranda Secretario Xeral da Emigración.

Antonio Rodríguez Miranda
Nacido o 15 de novembro de 1967 en A Bola, Ourense, Antonio Rodríguez Miranda está casado e é pai dunha filla. É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Seguridade e Hixiene Laboral, e profesor e director de Formación.

Rodríguez Miranda é presidente local do PP de Allariz, concelleiro e voceiro municipal. Foi membro da  Xunta  Directiva  e  do  Comité  de  Dirección provincial do PP de Ourense desde 2004 ata 2010 e responsable da área de Relacións Institucionais. Forma parte do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006, e desde 2009 é membro do Comité de Dirección e vicesecretario-voceiro.

Deputado no Parlamento de Galicia na VII , VIII e IX lexislaturas, Antonio Rodríguez Miranda é voceiro de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular.

Membro de diferentes comisións na Cámara autonómica galega, foi voceiro na Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior na VII e VIII lexislaturas e  membro na IX. Dentro do seu traballo no Parlamento, foi ponente de leis como a de Modificación da Función Pública de Galicia, da Lei Omnibus e da Lofaxga de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2024 lecturas