Feijóo expresa o seu pesar, en nome de toda Galicia, polo falecemento do recoñecido actor Sancho Gracia, “un galego de adopción”
Transmite o pésame de todo o pobo galego á familia do que foi “un dos grandes actores do teatro, o cine e a televisión en España”, e “unha figura de referencia” no panorama artístico nacional que “deu vida a personaxes de lenda”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou onte, en nome de toda Galicia, o seu pesar polo falecemento do admirado actor Sancho Gracia, ao que cualificou como “un dos máis brillantes e recoñecidos artistas do noso país” e “galego de adopción”, polo afecto que profesaba cara á nosa terra.
O mandatario galego quixo transmitir o pésame de todo o pobo galego á familia do que foi “un dos grandes actores do teatro o cine e a televisión en España”, e “unha figura de referencia” no panorama artístico nacional que “deu vida a personaxes de lenda”.
Feijóo confesou a profunda amistade que mantiña con Sancho Gracia, fillo de galegos que “amaba a nosa terra coma un galego máis”, dixo, e ao que acostumaba saudar nas moitas visitas que o actor realizou a Galicia.
Novas relacionadas