O pobo de Celanova dedica un monumento á emigración

Un obelisco de formigón cunha bóla dourada na súa cúspide, obra do artista Leandro Sánchez, recorda ás e os emigrantes no centro da rotonda da avenida López Blanco.

Aproveitando a chegada dos centos de emigrantes que estes días gozan das súas vacacións na bisbarra.

  • Un momento do acto desenvolvido na avenida López Blanco. (Foto: M.A.).
    Un momento do acto desenvolvido na avenida López Blanco. (Foto: M.A.).
  • Imaxe do monumento ao emigrante celanovés. Foto: Concello de Celanova.
    Imaxe do monumento ao emigrante celanovés. Foto: Concello de Celanova.
Listen to this page using ReadSpeaker

O Concello quixo homenaxear así aos veciños e veciñas da bisbarra que dende o século XIX se abriron camiño ao longo e ancho dos catro puntos cardinais e que "agora regresan cada verán para darlle luz, cor e un ambiente cosmopolita ás rúas da vila", sinalaba o alcalde Antonio Mouriño. O grupo No Cómbaro de As Pontes de García Rodríguez puxo a nota musical a un acto plurilingüe, onde as mozas e os mozos do campo de traballo internacional celanovés recitaron en varias linguas o poema Alma da Terra de Celso Emilio Ferreiro.

 

 

Fonte: La Región

1072 lecturas