Feijóo repasa co embaixador de México as oportunidades que para o sector naval galego pode xerar a actividade marítima e pesqueira no Golfo de México así como as posibilidades noutros sectores como o turismo,enerxías renovables ou o sector agroalimentario

A xuntanza mantida, da continuidade á viaxe que o conselleiro de Economía e Industria realizou a semana pasada ao país para participar no segundo encontro México-Galicia sobre a construción naval

Feijóo e o embaixador mexicano falaron das oportunidades de colaboración tanto no ámbito da construción de buques como no ámbito da reparación e modernización, na busca de sinerxías e potencialidades comúns co país norteamericano

O titular da Xunta referiuse ao interese por afondar nos lazos en campos nos que xa existe un importante nivel de colaboración como son o téxtil ou o viño e referiuse ás posibilidades de establecer vínculos noutros campos como a automoción ou o sector electrónico, polos que México está apostando forte

Feijóo traslada ao embaixador mexicano a aposta da Xunta pola internacionalización, a innovación e a mellora competitiva das empresas galegas como principais eixos da política económica do Goberno galego e incide en que México é un dos principais mercados de interese para as empresas galegas

O presidente da Xunta destaca o importante papel que está a desenvolver na implantación de compañías neste mercado americano a plataforma en México DF da Rede Pexga

  • Alberto Núñez Feijóo co embaixador de México en España, Francisco Javier Ramírez (Autor: Conchi Paz)
    Alberto Núñez Feijóo co embaixador de México en España, Francisco Javier Ramírez (Autor: Conchi Paz)

Listen to this page using ReadSpeaker
9 de agosto de 2012.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, repasou, onte, co embaixador de México en España, Francisco Javier Ramírez, as oportunidades que para o sector naval galego pode xerar a actividade marítima e pesqueira no Golfo de México así como a posibilidade de estreitar os lazos de colaboración noutros sectores como o turismo, as enerxías renovables ou o sector agroalimentario.

A xuntanza mantida, da continuidade á viaxe que o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, realizou a semana pasada ao país mexicano para participar no segundo encontro México-Galicia sobre a construción naval, logo de que a petroleira Pemex e o Goberno galego asinaran o pasado mes de maio o acordo estratéxico e de que se celebrase no mes de xullo, en Vigo, o primeiro encontro sobre o sector.

Deste xeito, Feijóo e o embaixador mexicano falaron das oportunidades de colaboración tanto no ámbito da construción de buques como no ámbito da reparación e modernización, na busca de sinerxías e potencialidades comúns co país norteamericano. Neste sentido, o titular da Xunta subliñou a alta capacidade tecnolóxica e competitiva do sector naval galego para ofrecer a mellor resposta ás necesidades das compañías mexicanas, particularmente no eido pesqueiro.

Durante a reunión tamén se afondou nas distintas posibilidades de colaboración entre este Estado e Galicia noutros sectores como o turismo, as enerxías renovables ou o sector agroalimentario. O presidente do Executivo galego referiuse ao interese por afondar nos lazos en campos nos que xa existe un importante nivel de colaboración como son o téxtil ou o viño e referiuse ás posibilidades de establecer vínculos noutros campos como a automoción ou o sector electrónico, sectores polos que México está apostando forte.

Feijóo trasladou ao embaixador mexicano a aposta da Xunta pola internacionalización, a innovación e a mellora competitiva das empresas galegas como principais eixos da política económica do Goberno galego e incidiu en que México é un dos principais mercados de interese para as empresas galegas.

Así mesmo, salientou o importante papel que está a desenvolver na implantación de compañías neste mercado americano a plataforma en Ciudad de México da Rede Pexga, posta en marcha en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia para impulsar a apertura a novos mercados do tecido empresarial galego, apoiando en destino as accións de internacionalización das empresas galegas e procurando a captación de investimentos estranxeiros cara a Galicia.

1219 lecturas