O Foro de Santiago, liderado polo presidente Feijóo, sinala o retorno como un piar básico de actuación ante o reto demográfico

O presidente da Xunta participou, xunto cos presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León no 'Foro Santiago. Camino de consenso'
O presidente da Xunta participou, xunto cos presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León no 'Foro Santiago. Camino de consenso'
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021.

O Foro Santiago. Camino de consenso celebrado onte en Santiago de Compostela e no que participaron os presidentes de Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León, apostou pola  política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos Next Generation cheguen á economía real. Un dos seus principios básicos foi apoiar o retorno.

Artigo 4 da Declaración de Santiago: “Somos conscientes de que para ampliar a base demográfica en España tamén é necesario promover como prioritario o retorno de aqueles cidadáns españois (orixinarios e descendentes) que na actualidade  viven no estranxeiro e a atracción de nova poboación, procurando sempre as máximas facilidades para a súa integración harmónica na nosa sociedade”.

Información completa nesta ligazón.

209 lecturas