Gran implicación dos centros galegos na Gran Romaría, que contou cunha participación récord de 4.000 persoas
O Delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou nunha reunión no Centro Lalín, A Golada e Silleda con representantes das Comunidades Galegas en Bos Aires para avaliar o éxito da segunda Gran Romaría Galega celebrada o pasado mes de xullo. Durante o encontro, destacouse a excelente acollida da edición deste ano, que reuniu a máis de 4.000 persoas e contou coa participación de preto de 40 entidades galegas, consolidándose como un evento fundamental para fortalecer os lazos culturais e sociais da colectividade galega no exterior.
Os asistentes á reunión intercambiaron opinións e valoracións sobre a organización e o desenvolvemento da romaría, subliñando o alto nivel de participación. Co espírito de seguir promovendo esta celebración, comprometéronse a continuar traballando conxuntamente para garantir o seu crecemento e éxito nos próximos anos.
Novas relacionadas




