O Consulado de España en Londres puxo en funcionamento un novo sistema de cita previa para presentar solicitudes

Só en supostos de emerxencia excepcional, que deberá acreditarse por medios documentais e que o Consulado ponderará caso a caso, será posible recibir atención sen cita previa.

O Consulado de España en Londres puxo en funcionamento un novo sistema de cita previa para presentar solicitudes
O Consulado de España en Londres puxo en funcionamento un novo sistema de cita previa para presentar solicitudes
Listen to this page using ReadSpeaker
Granada, 20 de febreiro de 2013.

O Consulado Xeral de España en Londres vén de implementar un novo sistema de atención mediante cita previa para presentar as solicitudes de pasaportes, inscricións e baixas, trámites do censo electoral e certificados de fe de vida, segundo informou na súa propia web.

A devandita cita previa pódese solicitar a través de correo electrónico, na dirección cog.londres.citas@maec.es, enviando o Formulario de Solicitude de Cita Previa, e indicando se a persoa solicitante está inscrita ou non no rexistro de matrícula consular así como días e franxa horaria de preferencia.

Á maior brevidade posible a persoa interesada recibirá un correo de confirmación, fixando o día, a hora e a documentación requirida, debendo presentar o devandito correo como xustificante da cita para poder acceder ao Consulado.

Admitiranse solicitudes de cita previa por correo ordinario unicamente nos supostos nos que aos interesados e interesadas lles resulte materialmente imposible o acceso a Internet.

As emerxencias debidamente acreditadas non requirirán cita previa.

Non obstante, salvo a solicitude de pasaportes, o resto de trámites pódense facer vía correo postal.

Máis información na web do Consulado de España en Londres.

 

Fonte e foto: Paraemigrantes.com

1362 lecturas