Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión coa FEVEGA en Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recolleu as principais problemáticas ás que se enfronta esta colectividade como poden ser é a vivenda ou a homologación de títulos.

A Federación Venezolana de Galicia completa a acción da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento da Secretaría Xeral da Emigración, ofrecendo información a retornados e desenvolvendo actividades formativas de acollida.

Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión coa FEVEGA en Ourense
Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión coa FEVEGA en Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 3 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe, na oficina de atención social da Asociación Ourensá Alma Llanera de Ourense, un encontro co presidente da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), Manuel Pérez, e os responsables das distintas asociacións que conforman esta entidade en Galicia, co obxectivo de planificar novas accións de apoio, tanto formativas como de orientación, para os galegos retornados.

Durante unha reunión na que tamén estiveron presentes os voluntarios activos que prestan servizo nesta entidade, Miranda recolleu as inquietudes actuais da colectividade e tamén as principais problemáticas que se están a atopar os retornados en Ourense, como poden ser cuestións relativas á vivenda ou á homologación de títulos.

Miranda recordou que a colaboración da Xunta con FEVEGA posibilita a información a retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración. Conta tamén cunha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia.

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. A súa labor de información xurdiu en 2017 da man da Xunta de Galicia, atendendo xa, dende o seu inicio a máis de 12.500 usuarios.

FEVEGA, en colaboración coa Xunta de Galicia, realiza unha labor de información e asesoramento, ofrece un servizo integral e completo aos emigrantes retornados, presta orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoiándoos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administración públicas, proporciónalles apoio e acompañamento.

287 lecturas