A Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas celebrou o seu 56º aniversario
- Na imaxe, ofrenda floral diante do busto do Libertador Simón Bolívar nas instalacións da sede de Maripérez da entidade galega en Caracas
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
- As actividades comezaron coa realización da misa en honra á Virxe do Pilar
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
- Na imaxe, ofrenda floral diante do busto do Libertador Simón Bolívar nas instalacións da sede de Maripérez da entidade galega en Caracas
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
- A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada
O pasado sábado a Hermandad Gallega de Venezuela desenvolveu os actos de celebración do 56º aniversario da súa fundación. As actividades comezaron co oficio dunha misa en honor á Virxe do Pilar e posteriormente levouse a cabo unha ofrenda floral ante o busto do Liberador de Venezuela, Simón Bolívar, situado na praza que leva o seu nome dentro das instalacións da Hermandad na capital venezolana.
A partir das 9 da noite, a orquestra Rumba 2.0 amenizou a festa aniversario que se estendeu ata a madrugada. O recoñecido cantante das máis importantes orquestras de Venezuela, Memo Morales, fixo unha memorable presentación na que lembrou os clásicos pasodobres e música bailable de todos os tempos.
Nestes actos estiveron presentes as seguintes personalidades acompañando aos socios e socias da Hermandad e á súa xunta directiva: Celsa Nuño (Cónsul xeral de España en Venezuela), José Hornero Gómez (Ministro conselleiro), Julio Navas López (Cónsul adxunto) e Rodrigo Reyero Pita (Cónsul adxunto) .
A Hermandad Gallega de Venezuela fundouse o 12 de outubro do ano 1960, tras un acordo entre os tres centros de galegos que existían na cidade de Caracas: Lar Gallego, Casa Galicia e Centro Gallego. Esta visión de equipo das e dos fundadores, a pesar das grandes diferenzas de pensamento que tiñan, traduciuse na consolidación dun dos centros máis importantes da diáspora galega.
Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Venezuela
Novas relacionadas