A alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, Pregoeira de honra do Centro Galego de Santander nas Festas de Santiago Apóstolo “Xacobeo 21-22”

  • Imaxe do acto na sede da entidade galega na capital cántabra
    Imaxe do acto na sede da entidade galega na capital cántabra

Listen to this page using ReadSpeaker
Santander, 27 de xullo de 2021.

Con gallo das Festas de Santiago 2021, o pasado día 21 visitou oficialmente a Casa de Galicia a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero Hermida, deu a benvida ás autoridades, socias e socios e simpatizantes nos actos do Pregón de Santiago “Xacobeo21-22”, que este ano de forma especial marcan o reinicio das actividades da entidade, pechada desde o mes de marzo de 2020, como consecuencia da pandemia orixinada pola covid-19.   

Ao comezo do acto o vicepresidente primeiro, Clemente González Ojea, deu lectura ao acordo no que se propuña á alcaldesa de Santander a nobre tarefa de ser a Pregoeira de Honra. A continuación, como convidada de excepción, pronunciou o  pregón  Gema Igual Ortiz  dicindo que "Hai moi poucos momentos tan agradables  para unha alcaldesa como un pregón, cuxa lectura me parece unha auténtica honra. Porque me permite pregoar as virtudes deste Centro Galego que cumpriu en 2019 o seu centenario na nosa cidade e recibiu a Medalla de ouro de Santander, un dos máximos recoñecementos que outorga o Ayuntamiento. Galegos e santanderinos fixemos piña, ou quizá sería mellor dicir que nos fusionamos nun carballo, como o que plantamos no Parque de Mesones en Santander como símbolo da unión entre os dous pobos". Para destacar posteriormente que "Xa o fixen en moitas outras ocasións pero sempre que podo vólvovos a recoñecer o esforzo que realizades en todas as actividades que se desenvolveron na cidade, a vosa implicación nas festas, a vosa integración cos nosos costumes, o voso entusiasmo cando vos propomos algo e, por suposto, o agarimo que sempre caracteriza as relacións entre galegos e santanderinos".

A alcaldeda da capital de Cantabria finalizou a súa intervención comentando que "O voso centro sempre representou para os santanderinos ese pedazo dunha Galicia fértil, inquieta, activa, acolledora e entrañable que deixou un pouso indeleble na vida social e cultural da cidade... Así que estou encantada de compartir convosco esta celebración, porque nestas pequenas cousas radican os grandes momentos. E agora gozade! Viva Santiago! Viva Galicia! e Viva Santander!"

Durante a súa disertación tamén resaltou o gran labor cultural que leva a cabo o Centro Galego de Santander, no que sobresae o concurso literario Julio Camba, a Semana Cultural das Letras Galegas  e un longo etcétera, contando o centro co seu propio grupo de gaitas, Airiños da Terra. Ao rematar a súa intervención, Gema Igual recibiu o pano de Pregoeira de Honra da entidade de mans do seu presidente, José Antonio Otero Hermida. 

O salón Rosalía de Castro, onde tivo lugar o acto,  acondicionouse dotándoo de todas as medidas de seguridade sanitaria, que inclúen equipos de esterilización de aire e sensores de CO2, cumpríndose ademais as distancias e a restrición de asistencia. Os socios e socias e simpatizantes da Casa de Galicia deron un caloroso aplauso ao pregón pronunciado pola alcaldesa, ao que tambien asistiron as e os representantes das casas rexionais afincadas en Cantabria cono o Hogar Navarro, a Casa de Aragón e o Centro Castellano Leonés entre outras, así como  a vogal Olga Babarro e a concelleira de Dinamización Social, Lorena Gutiérrez.

O broche final a este emotivo acto foi a interpretación de pezas do folclore tradicional galego por parte do Grupo Airiños da Terra, que dirixe Restituto Diéz, rematando a súa actuación cos himnos de Cantabria, Galicia  e España.

Fonte e fotos: Centro Gallego de Santander

313 lecturas