O BOE publica o fin do voto rogado que se esixía aos españoles residentes no Estranxeiro dende 2011

A reforma permite descargar papeletas, habilita máis centros para votar en urna e da máis tempo de votación e para o reconto.

O BOE publica o fin do voto rogado que se esixía aos españoles residentes no Estranxeiro dende 2011
O BOE publica o fin do voto rogado que se esixía aos españoles residentes no Estranxeiro dende 2011
Antonio Rodríguez Miranda - Valoración sobre a Reforma da Lei de Réxime Electoral Xeral
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022.

O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicou hoxe a reforma da Lei de Réxime Electoral Xeral que pon fin ao voto que desde fai mais de dez anos esixíase aos electores residentes no estranxeiro. No seu lugar, o texto incorpora unha serie de medidas destinadas a facilitar a participación dos votantes do exterior.   

Deste xeito, as Cortes aprobaron recentemente con unha ampla maioria esta reforma que acaba con ese requisito e no seu lugar introduce modificacións para facilitar que os electores do exterior poidan votar en urna nas embaixadas e consulados, ademais de por correo, e para asegurar que as súas papeletas cheguen a tempo para o seu escrutinio en España.

O novo procedemento para os rexistrados no CERA permitirá que eses electores poidan descargarse as papeletas da internet e adiantará o envío tradicional da documentación electoral, co que poderán elixir entre as dúas opcións.

Para facilitar a participación electoral, ampliaranse os centros para votación en urna, non só as embaixadas senón todos os consulados e os centros oficiais que se habiliten. E do mesmo xeito, ampliaranse os horarios e días de votación.

Os principais partidos descartaron outras opcións como o voto telemático e o voto por delegación que defendían os independentistas cataláns, xa que consideran que non ofrecen suficientes garantías. Ademais, protexerase o envío dos votos emitidos no estranxeiro establecendo que se fagan chegar a España por "valija diplomática".

En consecuencia, amplíase dous días o prazo do escrutinio para que as papeletas cheguen a tempo. Outros cambios establecen que a Xunta Electoral Central deberá facer un informe das medidas que se vaian tomando e que o CERA se actualizará cada cinco anos para ter máis localizados aos electores.

134 lecturas