Mañá remata o prazo das e dos electores residentes no estranxeiro para solicitar o voto nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo
O prazo para solicitar o voto por correo para as persoas que residen en Galicia mantense aberto ata o próximo 2 de xullo.
Mañá é o último día para que as e os electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e as e os residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) soliciten o seu voto
Información sobre prazos para residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA)
Información sobre prazos para residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA)
Información sobre prazos para votantes CERA de visita temporal en Galicia
Mañá é o último día para que os electores e electoras residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e as e os residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) soliciten o seu voto para participar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo.
As electoras e electores inscritos no CERA deberán cubrir a solicitude oficial e remitila por fax, por correo ou a través da sede electrónica do INE á delegación provincial correspondente da Oficina do Censo Electoral. Unha vez recibida a documentación para votar, poderán remitir o seu voto por correo ata o sábado 11 de xullo ou depositar o seu voto en urna nos consulados entre o 8 de xullo e o 12 de xullo ata as 20 horas.
No caso das e dos electores residentes temporalmente no estranxeiro, poden solicitar o seu voto ata mañá nas oficinas consulares ou seccións consulares das embaixadas. Logo de recibir a documentación, poderán remitir o seu voto por correo ata o 8 de xullo.
Por outra banda, cómpre recordar que segue aberto ata o 2 de xullo o prazo para solicitar o voto por correo para as persoas residentes en Galicia. Pódese solicitar en calquera oficina de Correos ou ben por vía telemática a través da páxina web de Correos. O voto poderá enviarse por correo certificado ata o 10 de xullo ás 14 horas, ou ben facer entrega do mesmo no mesmo momento en que se recibe a documentación no domicilio.
Novas relacionadas



