O INE fai pública a ampliación do prazo para solicitar o voto polos e polas residentes no exterior ata o 5 de setembro

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2016.

Segundo fai público na súa páxina web, o Instituto Nacional de Estatística vén de anunciar a ampliación do prazo para a solicitude de voto. O texto na páxina oficial asegura que “por acordo da Xunta Electoral Central do 26 de agosto de 2016, o prazo para a solicitude de voto dos electores que se atopen temporalmente no estranxeiro e dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro, ampliouse ata as 24 horas (horario peninsular de España) do 5 de setembro”.

En imaxes
531 lecturas