Nomeamento do Secretario Xeral da Emigración, José Santiago Camba Bouzas

Decreto 293/2009, do 14 de maio, polo que se nomea secretario xeral da Emigración a José Santiago Camba Bouzas.

Listen to this page using ReadSpeaker

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de maio de dous mil nove, nomeo Secretario Xeral da Emigración a José Santiago Camba Bouzas.

Santiago de Compostela, catorce de maio de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente 

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 


José Santiago Camba Bouzas

Naceu en Vilar de Barrio (Ourense). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica. Máster en Alta Dirección ESADE.

Médico laboral fixo servizo de Urxencias no hospital provincial, co número 1 da súa oposición (ano 1986), e médico funcionario servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica co número 1 da súa oposición (ano 1990).

Director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia desde febreiro de 1990 a abril de 1995. Concelleiro de Vilar de Barrio de 1995 a 2001. Vicepresidente da Deputación de Ourense desde 1995 a 2001. Vogal do Consello de Administración de SOGARPO, da Comisión Galega de Medio Ambiente, da Comisión do Camiño e Cidade de Santiago de Compostela, da Comisión Galega do Menor, da Comisión Galega do Xogo, do Consello de Administración do SERGAS de 1995 a setembro de 2001, da Xunta Provincial de Empadroamento, da Asociación Colexio Español de Sao Paulo e presidente do Consorcio dos Peares. Membro do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública desde 1995 a 2001, vicepresidente da Fegamp de 1995 a 1999, voceiro do PP de 1995 a setembro de 2001 nesta organización, e presidente da Comisión de Grandes Cidades e Entidades Supramunicipais. Vicepresidente do Padroado provincial de Turismo de Gabinete de Comunicación. Consello da Xunta Ourense, encargado da Emigración e dos Servizos Sociais na Deputación provincial de Ourense, conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais da Embaixada de España en Brasilia 2001-2004, e delegado da Fundación Galicia Saúde en Buenos Aires 2005-2006. Está en posesión do Gran Cordón do Ouro da Gobernación de Caracas.

En imaxes
2699 lecturas