O Consello da Xunta nomea a Antonio Rodríguez Miranda secretario xeral da Emigración

Licenciado en Ciencias Biolóxicas e técnico superior en Riscos Laborais, ocupa a titularidade da Secretaría Xeral da Emigración desde decembro de 2012.

Natural da Bola, é coordinador de Acción Exterior do PPdeG desde 2013, membro do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006, así como do Comité Executivo provincial do PP de Ourense.

Antonio Rodríguez Miranda
Antonio Rodríguez Miranda
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020.

O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe acordou nomear titular da Secretaría Xeral da Emigración, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, a Antonio Rodríguez Miranda, quen xa ocupa este cargo desde decembro de 2012. Rodríguez Miranda, natural do concello da Bola, é licenciado en Ciencias Biolóxicas, na especialidade en Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Seguridade e Hixiene Industrial, ademais de profesor e director de Formación. 

A súa traxectoria política comezou en 1999, cando resultou elixido concelleiro en Allariz, concello do que foi voceiro municipal do PP desde o 2001 ata 2012. Deputado no Parlamento de Galicia nas VII, VIII, IX e X lexislaturas, exerceu como voceiro do PPdeG entre os anos 2009 e 2013 e como secretario xeral da Emigración dende 26 decembro de 2012 ata a actualidade.

Na actualidade, é coordinador de Acción Exterior do PPdeG desde 2013, membro do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006, así como do Comité Executivo provincial do PP de Ourense como responsable de Emigración.

1506 lecturas