Nace GalApps, unha aplicación de galego para Android
"GalApps: Toda a lingua galega no teu peto", é un paquete lingüístico que engloba tres aplicacións en galego: ConxuGalego, DiccionarioGalego e TradutorGalego. Detrás desta suite de aplicacións da lingua están Xurxo Méndez e Juan Porta, dous enxeñeiros informáticos de 28 e 29 anos que traballan na Universidade da Coruña, e Sabela Barreiro, deseñadora gráfica de 27.
Dispoñible de momento só para Android, en dous meses conseguiu máis de 2.500 descargas, aínda que os seus creadores xa están a traballar na súa versión para iPhone e iPad. O xerme do proxecto foi Conxugalego, unha aplicación para móbiles desenvolvida cun software libre creado na Universidade de Santiago que permite a conxugación de verbos tanto regulares coma irregulares. A evolución natural do proxecto foi a creación do dicionario, DiccionarioGalego e posteriormente o tradutor, TradutorGalego que permite o paso do galego ao español, catalán, inglés, ou francés, e viceversa de palabras ou textos de ata 2500 carácteres, o que o converte nunha ferramenta de grande utilidade para o sector turístico, xa que inclúe un speech to text, «é dicir, que lle falas ao teléfono en inglés e tradúceo en texto ao galego».
Foto: GalApps
Novas relacionadas