Miranda: “Xusto recoñecemento a unha vida enteiramente dedicada á nosa terra”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na entrega do Trofeo da Galeguidade 2025 ao recoñecido xornalista, comunicador e compositor Xosé Luís Blanco Campaña.
O galardón, promovido pola Fundación Cultural Orde da Vieira, foi entregado en presenza da súa muller, do presidente da entidade, José Cerdeira Taboada, do secretario Carlos de Blas Armada, e varios dos seus amigos.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na entrega do Trofeo da Galeguidade 2025 ao recoñecido xornalista, comunicador e compositor Xosé Luís Blanco Campaña, nun emotivo acto en Santiago de Compostela.
O galardón, promovido pola Fundación Cultural da Vieira, foi entregado en presenza da súa muller, do presidente da entidade, José Cerdeira Taboada, e do secretario Carlos de Blas Armada, quen destacou a traxectoria exemplar dun profesional que contribuíu de maneira decisiva á proxección da cultura galega dentro e fóra das nosas fronteiras.
Durante a súa intervención, Miranda subliñou a relevancia da figura de Blanco Campaña tanto nos medios de comunicación como no ámbito musical: “Para moitos, Blanco Campaña é unha referencia profesional; para outros, unha icona da radio e da televisión galega. Pero eu conservo unha imaxe moi concreta del: vémolo tantas veces falando de Galicia, construíndo Galicia, pero eu recordo velo de mozo na televisión... tocando o piano. Porque ademais dun home da comunicación, é un gran home da música e da cultura galega”.
Xosé Luís Blanco foi o primeiro director da Radio Galega e exerceu como director-xerente da TVG, así como director do centro territorial de TVE en Galicia. A súa traxectoria foi recoñecida con importantes galardóns como o Premio Ondas, a Antena de Ouro ou o Premio da Crítica de Galicia.
Novas relacionadas






