Miranda visita Troisdorf, Bonn e Núremberg, cidade que acolle ‘Galicia, Pórtico Universal’

  • Imaxe da instalación de ‘Galicia, Pórtico Universal’ na Jakobsplatz (Praza de Santiago) de Núremberg
    Imaxe da instalación de ‘Galicia, Pórtico Universal’ na Jakobsplatz (Praza de Santiago) de Núremberg
  • Imaxe da instalación de ‘Galicia, Pórtico Universal’ na Jakobsplatz (Praza de Santiago) de Núremberg, que se abrirá ao público mañá xoves
    Imaxe da instalación de ‘Galicia, Pórtico Universal’ na Jakobsplatz (Praza de Santiago) de Núremberg, que se abrirá ao público mañá xoves
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015.

O secretario xeral da Emigración visita o venres día 1 de maio as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración conxunta do Día de Galicia por parte das socias e socios das nove entidades pertencentes á Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.

Miranda visita o sábado día 2 a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ en Núremberg, cidade que acolle esta instalación ata o vindeiro domingo, co que arrinca o seu calendario internacional para 2015. O paso por Núremberg coincide coa Blaunacht (Noite azul), similar á ‘Noite en Branco’ doutras cidades europeas, na que abren os museos e boa parte de instalacións culturais e tamén comerciais, á parte do comentado Día de Galicia organizado pola Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.

1154 lecturas