Miranda visita Troisdorf, Bonn e Núremberg, cidade que acolle ‘Galicia, Pórtico Universal’
O secretario xeral da Emigración visita o venres día 1 de maio as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración conxunta do Día de Galicia por parte das socias e socios das nove entidades pertencentes á Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.
Miranda visita o sábado día 2 a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ en Núremberg, cidade que acolle esta instalación ata o vindeiro domingo, co que arrinca o seu calendario internacional para 2015. O paso por Núremberg coincide coa Blaunacht (Noite azul), similar á ‘Noite en Branco’ doutras cidades europeas, na que abren os museos e boa parte de instalacións culturais e tamén comerciais, á parte do comentado Día de Galicia organizado pola Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.
Novas relacionadas