Exposición 'O soño cubano da emigración galega', na Habana

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

177 lecturas

O martes 15 de outubro ás 16:00 h, no vestíbulo do Gran Teatro de La Habana "Alicia Alonso" (antigo Pazo do Centro Galego da Habana) inaugúrase a mostra O soño cubano da emigración galega, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega e coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, a Embaixada de España na Habana e o Consejo Nacional de Artes Plásticas de Cuba.

  • Nas vésperas da Iª Guerra Mundial, A Habana era a segunda cidade do mundo onde máis galegos e galegas moraban, despois de Bos Aires. A dimensión da comunidade inmigrante galega dende 1830, e nomeadamente entre 1890 e 1920, medrou de xeito continuo. Iso fixo da colectividade galega de Cuba, artellada en centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais, un foco dende o que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe. Igualmente, a inmigración galega, cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade, deixou unha fonda pegada na sociedade, na cultura e na literatura cubanas até 1959, e cuxos trazos son perceptibles na actualidade.
  • Esta exposición aspira a narrar e recrear as fases e facetas principais desa epopea migratoria, dende a chegada das e dos inmigrantes até o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.

Datas da exposición: do 15.10.2019 ao 11.11.2019

Horario de visita: de martes a sábado, das 9:00 ás 17:00 h

Folleto informativo: picar aquí para descargar

Exposición 'O soño cubano da emigración galega', na Habana
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega - Arquivo da Emigración Galega
Data: 
15.10.2019
11.11.2019
Hora: 
16:00
Lugar:
Gran Teatro de La Habana "Alicia Alonso"
Paseo Martí, 458 (Edif. antiguo Centro Gallego)
A Habana - 10600La Habana
Cuba
  • O TEMPO EN:A Habana
    Hoxe
    27°
    Anubrado
    Mañá
    30°
    Chuvias