Miranda visita a exposición “O soño cubano da emigración galega” que organiza o Centro Galego ‘O Aturuxo’ de Castelló

A mostra atópase instalada no Edificio Moruno da Autoridade Portuaria desta localidade valenciana. 

A exposición, desenvolvida polo Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, percorre a relación histórica que Galicia mantivo coa Habana e poderase desfrutar ata o próximo 15 de decembro.

  • Imaxe da visita desteImaxe da visita deste serán do secretario xeral da Emigración á exposición 'O soño cubano da emigración galega' en Castelló  serán á exposición 'O soño cubano da emigración galega' en Castelló 
    Imaxe da visita desteImaxe da visita deste serán do secretario xeral da Emigración á exposición "O soño cubano da emigración galega" en Castelló  serán á exposición "O soño cubano da emigración galega" en Castelló 
  • Imaxe da visita deste serán do secretario xeral da Emigración á exposición 'O soño cubano da emigración galega' en Castelló 
    Imaxe da visita deste serán do secretario xeral da Emigración á exposición "O soño cubano da emigración galega" en Castelló 
Listen to this page using ReadSpeaker
Castelló, 19 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou oficialmente a exposición O soño cubano da emigración galega que se pode ver no edificio Moruno da Autoridade Portuaria de Castelló, desenvolvida polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, e que agora chega a esta cidade valenciana grazas ao Centro Galego “O Aturuxo”. A través dela pretendese ilustrar a fortaleza, continuidade e visibilidade da presenza galega na Habana.

Na visita, Rodríguez Miranda estivo acompañado do presidente da Autoridade Portuaria desta cidade, Rafa Simón, e a tenente de Alcaldía de Castelló, Mª Carmen Ribera Soriano.

Esta exposición percorre, por primeira vez, a relación histórica que Galicia mantivo coa Habana, onde se xestou a Galicia moderna e na que naceron os nosos símbolos: a bandeira, o himno e o escudo.  

“Dende a Secretaría Xeral da Emigración estamos moi satisfeitos con poder amosar en Castelló esta exposición que mostra a importancia da nosa pegada no exterior e que permite coñecer unha relación que se remonta moito atrás e que se acentuou nos primeiros anos do século XX”, apuntou Antonio Rodríguez Miranda.

O soño cubano da emigración galega pretende percorrer as fases e facetas principais da epopea migratoria que levou a preto de 200.000 galegas e galegos a Cuba: abrangue desde a chegada das e dos emigrantes ata o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana. 

En preto de trinta paneis pódese descubrir o perfil da e do galego emigrante na Habana (novos, maioritariamente varóns, procedentes de sectores medios, que se integran no pequeno comercio, que chegan a Cuba a través de redes familiares e mecanismos persoais...) e coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba. Fotografías, documentos privados, materiais procedentes do asociacionismo galego ilustrarán esta mostra inédita que revisa unha destacada e potente relación histórica.

A Habana foi, durante décadas, a segunda cidade do mundo con máis habitantes nadas e nados en Galicia, só superada por Bos Aires. Á altura de 1919, máis dun terzo das e dos emigrantes españois en Cuba e o nove por cento dos habaneiros e habaneiras nacera en Galicia. Pero Cuba foi moito máis que o destino de milleiros emigrantes, foi o caldo de cultivo que mantivo viva a nosa intelectualidade. Non hai máis que ver a pegada que os colectivos galegos deixaron na Habana para facernos unha idea da efervescencia cultural e a importancia que tivo na nosa cultura. Ademais dos nomes, títulos e iniciativas que se fraguaron a principios do século XX, hai tres símbolos que marcan a nosa identidade que foron froito do espírito creador emigrado na illa: a bandeira, o escudo e o himno.

Esta exposición inaugurouse na Habana en 2019 co gallo da conmemoración do quinto centenario de creación da capital cubana. Chegou en novembro ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela e itinerou por Vigo, Ares, Celanova e agora deu o salto a Castelló, onde permanecerá ata o próximo 15 de decembro.

253 lecturas