Emigración destina 20.000 € á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro para a atención socioasistencial básica da cidadanía galega desta cidade brasileira

Esta axuda ten como obxectivo contribuír na mellora da saúde, o benestar social e a calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade.

Imaxe de arquivo dunha visita de Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro
Imaxe de arquivo dunha visita de Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 20.000 euros para a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, Brasil, de cara a axudar na atención das necesidades socioasistenciais da cidadanía galega residente nesa localidade e que non poidan afrontar o custo da súa estancia, por razóns de carencia ou dependencia. 

Esta entidade, sen ánimo de lucro, fundada en 1940 por persoas emigrantes galegas, ten como finalidade acoller a persoas anciás de xeito gratuíto, dando prioridade ás persoas galegas e españolas con necesidades. A súa actividade axuda a mellorar o aspecto social, emocional e sociolóxico das persoas acollidas.

A Secretaría Xeral da Emigración considera que é necesario establecer unha colaboración para contribuír na prestación de asistencia á colectividade galega residente en Río de Xaneiro e na súa área xeográfica, que por cuestións de idade e/ou circunstancias sociofamiliares, presentan problemas asociados e derivados destas.

362 lecturas