Miranda traslada o apoio da Xunta á Asociación de Rioplatenses na acollida ás e aos retornados da Arxentina e Uruguai
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á presidenta da Asociación de Rioplatenses de Lugo, Ana María Bereciartúa Gasparini, coa que analizou a situación do retorno dos galegos e galegas de Arxentina e Uruguai, así como as actividades e iniciativas que están a realizar para a súa integración en Galicia.
Beneciartúa estivo acompañada na reunión pola cónsul da Arxentina en Galicia, Silvina Montenegro. Durante a visita, o secretario xeral trasladoulle á presidenta da Asociación de Rioplatenses de Lugo toda a colaboración e compromiso da administración autonómica para continúar co reforzo do seu labor de acollida e apoio no retorno de aqueles galegos e galegas que regresan para iniciar en Galicia unha nova vida.
Novas relacionadas