Miranda traslada a nova directiva da AJERGA o compromiso de colaboración para o traballo conxunto de facilitar a integración dos bolseiros BEME
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa nova directiva da Asociación de Xóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), no que se reforzou o compromiso da Xunta co labor desta entidade na integración dos bolseiros das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). A través desta colaboración, AJERGA continuará apoiando aos estudantes retornados no seu proceso de adaptación á sociedade galega, facilitando a súa inserción académica, laboral e social.
Durante a reunión, destacouse o papel de AJERGA como punto de encontro e rede de apoio para a mocidade retornada, ofrecendo asesoramento, actividades de formación e espazos de intercambio de experiencias. Neste sentido, o secretario xeral puxo en valor a importancia de manter este vínculo entre a Administración e a asociación, co obxectivo de seguir fomentando o retorno e a integración dos galegos do exterior, aproveitando o talento e a cualificación dos mozos que elixen Galicia para desenvolver o seu futuro.
Novas relacionadas




