Miranda inaugura en Panamá, xunto ó Monumento dos Galegos que construiron o Canal, unha mouteira do Camiño de Santiago: “Como eles uniron dous océanos, o Camiño de Santiago une civilizacións”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o labor da Fundación NosaTerra na difusión da cultura galega e agradeceu o seu compromiso coa preservación da memoria da colectividade galega en Panamá.
O acto contou tamén coa presenza de autoridades panameñas, españolas, membros da colectividade galega, representantes culturais e outras personalidades locais.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá no acto de inauguración da mouteira do Camiño de Santiago instalado pola Fundación NosaTerra no paseo da Calzada de Amador, fronte ao Monumento aos Españois que participaron na construción do Canal de Panamá. No evento tamén estiveron presentes destacadas autoridades como D. Guzmán Palacios Fernández, embaixador de España en Panamá; D. Mario Crespo Ballesteros, cónsul de España en Panamá; Dª. Gloria De León Zubieta, ministra de Turismo de Panamá; Dª. Maruja Herrera, ministra de Cultura de Panamá; D. Javier Martínez Acha, ministro de Relacións Exteriores de Panamá; Dª. Karla Duque, directora de Cultura e Turismo da Alcaldía de Panamá; e Monseñor José Domingo Ulloa, arcebispo de Panamá.
O evento simboliza a irmandade entre Galicia e Panamá e pon en valor a pegada da emigración galega neste país centroamericano, ao tempo que proxecta internacionalmente o Camiño de Santiago como símbolo universal de encontro e espiritualidade.
Durante o acto, Miranda destacou o labor da Fundación NosaTerra na difusión da cultura galega e agradeceu o seu compromiso coa preservación da memoria da colectividade galega en Panamá. “Este fito que inauguramos hoxe é máis ca unha pedra: é un vínculo simbólico e emocional entre Panamá e Galicia, un recordo da nosa historia común e unha invitación a seguir camiñando xuntos cara ao futuro”, sinalou o secretario xeral.
A iniciativa complétase coa instalación, baixo o Monumento, dunha cápsula do tempo que conterá vídeos, entrevistas, imaxes e obxectos representativos do proxecto, coa intención de deixar constancia para as futuras xeracións do traballo realizado en prol da galeguidade no exterior.
Esta iniciativa súmase ás diferentes accións impulsadas pola Secretaría Xeral da Emigración no marco da Estratexia Galicia Retorna, que busca fortalecer os lazos coa diáspora e fomentar o regreso da cidadanía galega residente no exterior.
Novas relacionadas