Miranda reúnese co Embaixador de España en Cuba para por en común o traballo en favor da colectividade por parte da Xunta de Galicia

O secretario xeral da Emigración expón ao máximo representante da diplomacia española no país as actuacións levadas a cabo a favor dos galegos residentes.

Miranda reúnese co Embaixador de España  en Cuba para por en común o traballo en favor da colectividade por parte da Xunta de Galicia
Miranda reúnese co Embaixador de España en Cuba para por en común o traballo en favor da colectividade por parte da Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 14 de febreiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo, durante o que, entre outras materias, analizaron os diferentes programas que a Xunta ten deseñados para atender aos galegos residentes na república centroamericana, apoiar a actividade cultural dos centros galegos ou reforzar os vínculos coas novas xeracións xa nadas na illa.

A xuntanza enmárcase no transcurso da viaxe institucional que o responsable autonómico está a realizar a Cuba, a primeira no que vai de ano, e que pretende reforzar os lazos que a Secretaría Xeral da Emigración mantén coa colectividade galega residente na república centroamericana.

De feito, unha parte moi importante da axenda oficial estase a centrar en recibir de primeira man información sobre a situación actual dos galegos na illa, avaliando proxectos e actividades de futuro.

Así, o encontro permitiu avaliar tamén accións conxuntas en materia cultural desenvolvidas nos últimos anos, especialmente as relacionadas co 500 aniversario da fundación da cidade de La Habana, que se celebrou durante o anterior exercicio e no que a colectividade galega da illa tivo un papel protagonista.

“Na Habana puidemos desfrutar de diversos eventos como o roteiro Descubrindo a Habana galega ou a mostra O soño cubano da emigración galega, que nos permitiron poñer en valor os fortes lazo que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras; uns vínculos que queremos seguir ensalzando”, salientou Miranda.

En imaxes
27 lecturas