Miranda inicia a súa viaxe a Cuba cunha reunión co novo embaixador de España na república centroamericana

O secretario xeral da Emigración expuxo ao máximo representante da diplomacia española no país programas de axuda que desenvolve a Xunta de Galicia a favor dos galegos e galegas residentes.

O titular do departamento autonómico mantivo encontros con responsables das principais entidades bancarias cubanas para coordinar e buscar melloras no sistema de pago aos beneficiarios e beneficiarias das axudas da Xunta.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co novo embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co novo embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo
  • Antonio Rodríguez Miranda reuniuse tamén con responsables do Banco Metropolitano e o Banco popular de Ahorro (BPA)
    Antonio Rodríguez Miranda reuniuse tamén con responsables do Banco Metropolitano e o Banco popular de Ahorro (BPA)
  • Antonio Rodríguez Miranda reuniuse tamén con responsables do Banco Metropolitano e o Banco popular de Ahorro (BPA)
    Antonio Rodríguez Miranda reuniuse tamén con responsables do Banco Metropolitano e o Banco popular de Ahorro (BPA)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, expuxo ao novo embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo, as diferentes axudas e programas que a Xunta de Galicia ten deseñados de cara a paliar as situacións de necesidade das galegas e galegos residentes na república centroamericana, apoiar a actividade cultural dos centros galegos e reforzar os vínculos coas novas xeracións xa nadas na illa. O encontro, que se enmarca dentro das relacións institucionais de estreita colaboración que os Gobernos español e galego manteñen na illa, é un dos primeiros que o máximo representante do Estado español celebra desde a súa incorporación á Embaixada en La Habana, hai pouco máis dunha semana.

A xuntanza serviu de punto de partida do programa institucional da viaxe que o responsable autonómico está a realizar a Cuba, a primeira no que vai de ano, e que pretende reforzar os lazos que a Secretaría Xeral da Emigración mantén coa colectividade galega residente na illa. En recibir de primeira man información sobre a súa situación actual e as súas necesidades centrarase, precisamente, gran parte da axenda oficial de Miranda, quen dedicará varios días a manter encontros coas e cos membros da colectividade galega e tamén reunións de traballo cos presidentes e presidentas das diferentes asociacións galegas en La Habana, así como coas e cos coordinadores que traballan en todo o país. 

Bancos con maior presenza en La Habana 
O titular do departamento autonómico dedicou a primeira xornada da súa estadía en Cuba a manter encontros coas e cos principais responsables de dúas das máis importantes entidades bancarias do país para coordinar e buscar posibles melloras no sistema de pago das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para os galegos e galegas sen recursos residentes na illa. O Banco Metropolitano, cuxo ámbito de traballo permite ter un alto numero de oficinas en todos os municipios da capital cubana, e o Banco popular de Ahorro (BPA), que ten a máis extensa rede en toda a illa agás La Habana, son dous dos bancos con maior presenza, polo que a súa colaboración co Goberno galego na tramitación destes programas constitúe un apoio fundamental para as políticas de atención á colectividade galega en Cuba. 
 

645 lecturas