Miranda retoma o contacto cos Centros Galegos de Estados Unidos en Nova York de cara a coñecer os seus proxectos e actividades futuras

Listen to this page using ReadSpeaker
New York (Estados Unidos), 3 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos centros galegos da área de Nova York de cara a retomar o contacto tras os anos de parón pola pandemia, e coñecer os seus proxectos e actividades futuras.

Na reunión estiveron presentes os representantes do Centro Ourensano Social Club, da Casa de Galicia de Nova York, o Centro Español de Queens, da Peña Gallega-Club España de Newark e da Nacional-Spanish Benevolent Society. Entre outras cuestións, analizouse o seu calendario futuro de iniciativas culturais, e fíxose balance da súa labor en prol da promoción e difusión do Camiño de Santiago durante estes dous anos de Xacobeo.

307 lecturas