Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no Proxecto do Monumento aos Galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a un dos representantes desta entidade para coñecer as novidades entorno a instalación desta escultura que estará dedicada aos máis de 8.000 galegos que fixeron posible a construción deste enlace entre o Atlántico e o Pacífico.

Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no Proxecto do Monumento aos Galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá
Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no Proxecto do Monumento aos Galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2021.

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas na sede deste departamento autonómico en Santiago de Compostela, a un dos representantes da Fundación Nosa Terra, Francisco Sieiro, con quen analizou os avances do proxecto de execución dun monumento aos galegos que traballaron na construción da canle de Panamá.

A Fundación Nosa Terra naceu co propósito de renderlle un homenaxe aos mais de 8.000 galegos que participaron na construción do Canle de Panamá no ano 1904, xa que, ademais, moitos deles prolongaron a súa estancia naquel país e incluso se asentaron e fundaron unha familia.

A idea da construción dun monumento xurdiu o ano pasado, en plena pandemia, para o que esta Fundación comezou a recoller datos sobre a obra destes traballadores galegos que formaron parte da construción deste esencial enlace que une Atlántico e Pacífico.

A Xunta de Galicia trasladou o seu apoio a esta iniciativa xa que, segundo explicou Rodríguez Miranda “para nós é unha cuestión de xustiza poder levar a cabo a instalación deste memorial a todos eses galegos que formaron parte dunha obra de enxeñería tan esencial para o desenvolvemento económico da humanidade”.

967 lecturas