Miranda recibe a un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires
O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Francisco Solla, un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires.
Francisco Solla emigrou da súa localidade natal de Marín á urbe balnearia á curta idade de 13 anos, donde desenvolveu a súa vida profesional e desempeñou durante catro períodos alternativos o cargo de presidente do Centro Gallego de Mar del Plata.
Á súa xestión no aspecto social débese a construción do Centro de Día da entidade que hoxe presta asistencia ás galegas e aos galegos maiores que o necesitan. No cultural cabe subliñar a difusión da cultura galega impulsando eventos como a Xuntanza de Gaiteiros, que reúne aos virtuosos e virtuosas do instrumento tradicional galego máis universal.
Novas relacionadas