Miranda recibe a un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires

Miranda e Solla, na sede da SXE na capital de Galicia
Miranda e Solla, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Francisco Solla, un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires.

Francisco Solla emigrou da súa localidade natal de Marín á urbe balnearia á curta idade de 13 anos, donde desenvolveu a súa vida profesional e desempeñou durante catro períodos alternativos o cargo de presidente do Centro Gallego de Mar del Plata.

Á súa xestión no aspecto social débese a construción do Centro de Día da entidade que hoxe presta asistencia ás galegas e aos galegos maiores que o necesitan. No cultural cabe subliñar a difusión da cultura galega impulsando  eventos como a Xuntanza de Gaiteiros, que reúne aos virtuosos e virtuosas do instrumento tradicional galego máis universal.

939 lecturas