Miranda recibe a Carlos González, un recoñecido gaiteiro formado nos obradoiros dos centros galegos do Uruguai

Antonio Rodríguez Miranda e Carlos González Siri, no despacho do secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda e Carlos González Siri, no despacho do secretario xeral da Emigración
Actuación de Carlos González Siri na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no seu despacho a Carlos González, un recoñecido gaiteiro galego do Uruguai formado en distintos obradoiros postos en marcha nos centros galegos do Uruguai e, tamén, a través das Escolas Abertas da propia Secretaría Xeral da Emigración. Agora imparte docencia como mestre en varias entidades galegas deste país do Cono Sur.  

Carlos González visitou Galicia estes días para participar en varios programas da televisión autonómica galega tras quedar semifinalista nun dos talent show máis coñecidos do país suramericano. Aproveitou a visita para realizar unha demostración da súa mestría coa gaita aos traballadores e traballadoras da Secretaría Xeral da Emigración.

735 lecturas