Carlos Núñez achega a súa experiencia no eido da música galega ás e aos participantes no programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración

  • Imaxe da máster class do gaiteiro vigués Carlos Núñez
    Imaxe da máster class do gaiteiro vigués Carlos Núñez

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2023.

O gaiteiro galego Carlos Núñez ofreceu unha máster class sobre a súa experiencia no eido da música galega ás e aos máis de 50 participantes no programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración, tras visitar a aula dos alumnos e alumnas de gaita galega.

Ademáis, o programa Hora Galega da TVG achegouse ata o Centro Superior de Hostelería de Galicia para falar co profesorado e alumnado das Escolas Abertas e dar a coñecer este programa entre a poboación galega. Nesta ligazón pódese ver a reportaxe realizada este luns.

Escolas Abertas ten como obxectivo formar a membros de entidades galegas de Europa e América en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña. Desenvólvese ata o próximo día 15 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

393 lecturas