Miranda: “Queremos que os vosos proxectos emprendedores sexan un exemplo do valor que achega o retorno a Galicia”

Miranda: “Queremos que os vosos proxectos emprendedores sexan un exemplo do valor que achega o retorno a Galicia”.
Miranda: “Queremos que os vosos proxectos emprendedores sexan un exemplo do valor que achega o retorno a Galicia”.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha videoconferencia coas persoas emprendedoras retornadas que participarán na quinta edición do programa Merlo, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel.

Durante o encontro, Miranda animou aos participantes a aproveitar ao máximo esta oportunidade de acompañamento profesional, que busca facilitar a posta en marcha e consolidación dos seus proxectos empresariais en Galicia. O programa Merlo ofrece asesoramento individualizado en áreas clave como a comunicación, a planificación estratéxica, o márketing, as finanzas ou a xestión administrativa, co obxectivo de reforzar as súas capacidades emprendedoras e contribuír ao éxito das súas iniciativas.

Este ano participan un total de 94 emprendedores.

410 lecturas