Miranda anima aos case 100 emprendedores galegos retornados que participan no Programa Merlo a aproveitar ao máximo esta formación empresarial

A Secretaría Xeral da Emigración colabora coa Fundación Ronsel a través dun programa de mentores, Merlo, co obxectivo de acompañar aos galegos que retornaron nos últimos anos a Galicia e decidiron poñer en marcha unha iniciativa empresarial de xeito que teñan ferramentas axeitadas para consolidar o seu negocio.

Miranda anima aos case 100 emprendedores galegos retornados que participan no Programa Merlo a aproveitar ao máximo esta formación empresarial
Miranda anima aos case 100 emprendedores galegos retornados que participan no Programa Merlo a aproveitar ao máximo esta formación empresarial
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021.

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, saudou hoxe, a través dunha reunión telemática, aos case 100 emprendedores galegos retornados que participan no Programa Merlo, organizado pola Fundación Ronsel en colaboración con este departamento autonómico, e que ten como obxectivo formalos, a través de mentores, para que obteñan as ferramentas axeitadas para consolidar o seu negocio.

O Programa Merlo estase a desenvolver durante estes días e ten como obxectivo  apoiar e acompañar aos galegos que retornaron nos últimos anos a Galicia e decidiron poñer en marcha unha iniciativa empresarial.

Rodríguez Miranda desexoulles moitos éxitos no desenvolvemento dos seus proxectos a tódolos participantes, e recordou que dende a Secretaría Xeral da Emigración “estamos en contacto permanente con todos eles para que poidan ter a maior garantía de éxito nos seus negocios e que deste xeito poidan integrarse social e empresarialmente en Galicia”.

A Fundación Ronsel é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento e fomento económico galego, e, en particular, a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial. Ten acreditada unha ampla experiencia no desenvolvemento de servizos de asesoramento para a orientación laboral e programas específicos dirixidos ás persoas migrantes, entre as que están incluídos os galegos emprendedores retornados, sendo un referente en Galicia no uso da ferramenta de mentoría e membro dende 2015 da Red de Youth Business Spain, coa que se desenvolve esta metodoloxía de promoción e apoio ao emprendemento dirixida ao autoemprego e a creación de emprego.

640 lecturas