Miranda participa nos actos con motivo da celebración do Día de Galicia e asiste aos Concertos do Camiño nas Ramblas para promover as tradicións galegas na cidade condal

  • Imaxe da celebración de hoxe en Barcelona
    Imaxe da celebración de hoxe en Barcelona

Listen to this page using ReadSpeaker
Barcelona, 6 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este sábado o Centro Galego de Barcelona con motivo dos actos da celebración do Día de Galicia que terá lugar o próximo 25 de xullo. Durante a súa estancia, Miranda asistiu aos Concertos do Camiño, un evento destacado que tivo lugar na Rambla de Santa Mónica. Este evento reuniu unha ampla variedade de grupos musicais, destacando Gandarela, o grupo de pandereteiras do Centro Galego de Barcelona; Sénia, un conxunto folk que mestura tradicións galegas e catalás; e a Unión Musical de Allariz. 

Miranda destacou a importancia de preservar e promover a cultura galega a través da música. O secretario xeral encomiou o traballo e a dedicación de todas e todos os participantes, subliñando a relevancia de eventos como estes fóra do centro galego para reforzar os lazos culturais entre Galicia e Cataluña. Esta celebración serviu non só para homenaxear a Galicia, senón tamén para crear un punto de encontro e intercambio cultural entre as dúas comunidades 

593 lecturas