Miranda participa na Xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro

O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do  seu centro social e manter a súa oficina de atención social.

  • Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
  • Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
  • Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
  • Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
    Imaxe da Xuntanza de entidades galegas celebrada na Casa de España de Río de Xaneiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 23 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte na xuntanza de entidades galegas de Brasil organizada pola Casa de España de Río de Xaneiro, acto no que estivo acompañado polo presidente desta asociación, Juan Rafael Ramos Fernández, así como polo cónsul xeral de España, Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, e a cónsul honoraria de España en Curitiba, Blanca Hernando Barco. 

Durante este encontro coa colectividade galega e española do Brasil levouse a cabo unha másterclass sobre gaita e música galegas a cargo do artista Óscar Ibáñez, quen tamén ofertou un concerto ás e aos asistentes. Na xuntanza participaron membros da Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Salvador de Baía), da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruçao (São Paulo), do Club Español de Niteroi, do Centro Espanhol e Repatriação de Santos, do Grêmio Espanhol de Socorros Mutuos e Instruçao (Belo Horizonte), da Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro, da Recreio dos Anciãos (Río de Xaneiro) e da Casa de Galicia do Centro Espanhol do Paraná.

A Casa de España de Río de Xaneiro conta con máis de 1.000 persoas asociadas e ten como finalidade servir de vínculo entre as e os membros da comunidade galega co obxectivo de manter o recordo da cultura e lingua galegas, contando con preto de mil afiliadas e afiliados con orixe en Galicia.  Tal e como destacou o secretario xeral da Emigración, a Xunta de Galicia colabora anualmente con esta entidade de cara a apoiar o funcionamento do seu centro de día e para manter a súa oficina de atención. En 2022 esta colaboración económica superou os 40.000 euros. 

Esta entidade sen ánimo de lucro desenvolve así un importante labor socioasistencial orientado a facer efectiva a mellora da calidade de vida das persoas anciás pertencentes á colectividade galega a través do mantemento dun centro social de maiores mediante o que executa actividades de rehabilitación e estimulación mental e física, atendido por persoal especializado, do que se benefician máis dun centenar de persoas de orixe galega. Ademais tamén conta cunha oficina de atención social á comunidade galega onde se axuda a tramitar as solicitudes das persoas interesadas en participar nas convocatorias dos programas e actividades que executa a Secretaría Xeral da Emigración.

243 lecturas