Miranda enxalza o traballo do Círculo Habanero da Devesa en Ribadeo como exemplo do labor pola memoria da emigración que axudou á modernización de Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do centenario do Círculo Habanero Sociedad de Instrucción y Recreo da Devesa, de Ribadeo, destacando o labor que desenvolve en prol da memoria da emigración que partiu dende esta localidade a Cuba a comezos do século XX e que axudou á modernización de Galicia coa posta en marcha de dúas escolas destinadas ás e aos cativos deste municipio.
O secretario xeral participou, xunto ao presidente da entidade, Manuel Fernández Fra, na entrega das medallas conmemorativas ás e aos 20 socios máis antigos do Círculo Habanero. Esta asociación foi fundada no ano 1921 e posúe na actualidade 150 persoas asociadas, constituíndo toda unha institución na Mariña lucense.
Novas relacionadas