Miranda: “O programa 'Conecta con Galicia' é crucial para manter vivos os lazos coa nosa terra”

  • Miranda: “O programa 'Conecta con Galicia' é crucial para manter vivos os lazos coa nosa terra”

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 24 de xullo de 2024.

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na Secretaría Xeral da Emigración aos participantes do programa "Conecta con Galicia". "Este programa non só vos permitirá coñecer a terra dos vosos devanceiros, senón tamén establecer conexións valiosas cos vosos familiares e coa Galicia de hoxe," destacou Rodríguez Miranda.

O programa "Conecta con Galicia" facilita á mocidade galega no exterior o contacto directo coas nosas raíces, a nosa cultura e a nosa xente. Durante a súa estadía no albergue xuvenil de Gandarío, os participantes teñen a oportunidade de participar en actividades lúdicas e deportivas, visitas culturais e coñecer empresas punteiras de Galicia. Ao rematar o programa, espérase que os mozos actúen como embaixadores de Galicia nos seus países de residencia, compartindo as súas experiencias e promovendo a nosa cultura e valores no exterior. "O seu esforzo e dedicación son fundamentais para o éxito de 'Conecta con Galicia'," subliñou Miranda, agradecendo á Dirección Xeral de Xuventude a súa implicación na organización do programa. 

O secretario aproveitou a recepción para entregar algúns mozos o seu Carné Xove “Exterior” e explicarlles todas as vantaxes que ten para que poidan beneficiarse de elas como xa o están facendo os galegos de aquí.

380 lecturas