Miranda: “O Lar Gallego de Sevilla é un referente de galeguidade que mantén viva a nosa identidade no sur de España”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Lar Gallego de Sevilla, onde mantivo un encontro de traballo co seu presidente, José Antonio Otero, co fin de coñecer de primeira man a actividade que desenvolve esta entidade e analizar novas iniciativas para seguir fortalecendo a presenza galega en Andalucía.
Durante a reunión, abordáronse distintos proxectos orientados á dinamización cultural e á participación da colectividade, así como a coordinación coa Federación de Centros Galegos de Andalucía, Ceuta e Extremadura. Miranda puxo en valor o labor constante do Lar Gallego como punto de encontro e referencia para os galegos do sur de España, destacando o compromiso das súas directivas na preservación das tradicións e na promoción da identidade galega fóra da comunidade.
Novas relacionadas





