Miranda: “O esforzo por promover a cultura e o deporte galego no exterior garante que as futuras xeracións sigan sentindo e celebrando o seu vínculo con Galicia”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe con Beatriz Pérez Montero, secretaria do Centro Galego de Montevideo, para destacar a importante labor que desenvolve esta entidade na preservación da cultura e o deporte galego no Uruguai. Durante o encontro, Miranda agradeceu o traballo constante do Centro para manter vivas as tradicións galegas e fomentar a unión da colectividade.
Rodríguez Miranda salientou o compromiso da Xunta de Galicia coas actividades do Centro Galego de Montevideo, resaltando a relevancia destas iniciativas no fortalecemento dos lazos entre Galicia e os galegos do exterior. O secretario xeral subliñou que o esforzo por promover a cultura e o deporte galego no exterior é esencial para seguir garantindo que as futuras xeracións sintan e celebren o seu vínculo coa súa terra de orixe.
Novas relacionadas




