Miranda: “O deporte como ponte de unión e identidade galega en Venezuela”

  • Imaxe do campionato de fútbol sala da Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe do campionato de fútbol sala da Hermandad Gallega de Venezuela
  • Imaxe do campionato de fútbol sala da Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe do campionato de fútbol sala da Hermandad Gallega de Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 26 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Caracas (Venezuela) na entrega de premios dun campionato de fútbol sala infantil e xuvenil no que participaron máis de 300 nenos galegos entre os 10 e os 17 anos. Este evento deportivo, que reuniu á comunidade galega, subliña o compromiso continuo da Xunta con fomentar a participación da mocidade en actividades que promovan valores positivos e o sentimento de pertenza á súa terra de orixe. “Este campionato en Venezuela foi un claro exemplo deses valores en acción, celebrando a unión e a identidade galega a través do deporte”.

Miranda destacou a importancia do deporte na colectividade galega, afirmando que "o deporte xoga un papel fundamental na colectividade, non tanto polos seus méritos físicos como polos valores que transmite. O compañeirismo, a fraternidade, o esforzo, o traballo e a honestidade son algunhas das virtudes que lograron que os galegos foran queridos e respectados alá onde foran e que escribiran historias de éxito como as que atopamos todos os días en cada recuncho do mundo".

458 lecturas