Miranda: “O Centro Ourensán de Newark é un exemplo de compromiso coa nosa cultura e coa atención á colectividade no exterior”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro na sede da Secretaría en Santiago de Compostela co vicepresidente do Centro Ourensán de Newark, Juan González, no marco do reforzo institucional da relación coa colectividade galega no exterior. Durante a xuntanza, abordáronse distintas iniciativas de apoio á diáspora galega nos Estados Unidos e avaliouse o labor que esta entidade leva décadas realizando en favor da cultura galega en terras americanas.
Miranda destacou o compromiso da Casa de Galicia en New Jersey coa difusión das tradicións galegas e co acompañamento aos galegos que residen no estado, facendo especial fincapé na importancia de manter viva a conexión coa terra de orixe. Así mesmo, reafirmou o apoio da Xunta a este tipo de entidades, que son pezas clave na proxección internacional da cultura galega e no fortalecemento da nosa comunidade no exterior.
Novas relacionadas




