Miranda mantén un encontro co presidente da Hermandad Gallega de Valencia no que se fixaron as accións do centro para 2023

Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Fajín, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Fajín, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro esta mañá co presidente da Hermandad Gallega de Valencia, Manuel Fajín Recarey, no que se fixaron as accións do centro para 2023 e se analizou a situación da colectividade galega no país americano. Fajín Recarey é tamén cónsul honorario nesta localidade venezolana.

Durante esta reunión, tamén se falou da nova Estratexia Galicia Retorna 2023/26 e das cen medidas transversais coas que conta este documento para facilitar o regreso das e dos galegos do exterior ao longo dos próximos anos, información que Miranda solicitou fora trasladada aos socios e socias da Hermandad Gallega de Valencia. Tamén recordou a Fajín Recarey o feito de que está aberta, nestes intres, a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME co obxectivo de ofertar 250 prazas para galegas e galegos universitarios do exterior que desexen retornar a Galicia para realizar un máster nunha das tres universidades galegas. 

443 lecturas